As aplicacións de Firma son os programas que permiten asinar un documento electrónico.
Existen algúns programas de uso cotián, por exemplo, Adobe Acrobat ou Microsoft Word, que permiten asinar o mesmo documento que se xera. Con todo, este tipo de firma ten dous inconvenientes:
As ferramentas ou aplicacións específicas de firma electrónica son capaces de asinar calquera tipo de documento electrónico e axudan a superar os inconvenientes anteriores. Ademais pódense descargar gratuitamente.
A seguir podes atopar a aplicación AutoFirma, ofrecida pola Administración Pública, que che axudará a asinar documentos.
Autofirma é unha aplicación de firma realizada polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. O seu principal obxectivo é ofrecer ao usuario un sistema de firma no que este poida asinar calquera tipo de documento de maneira sinxela. O usuario indica que ficheiro quere asinar e a aplicación escolle automaticamente o formato de firma que debe aplicar, liberando así, ao usuario de calquera dúbida técnica.