A Identidade Dixital abarca todos os procesos, mecanismos, tecnoloxías que serven a un individuo ou organización para identificarse e para recoñecer ou descubrir a identidade doutros en medios e por medios dixitais.
Nesta sección imos tratar os mecanismos de identificación derivados da Lei 11/2007 do 22 de xuño de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos.
Segundo a Lei 11/2007, os cidadáns poden utilizar os seguintes sistemas para identificarse ante a Administración:
A Lei 11/2007 establece os mecanismos que poden utilizar as Administracións Públicas para identificarse electronicamente e autenticar os documentos electrónicos que produce.
A sede electrónica é o enderezo electrónico cuxo titular é unha Administración Pública e á que o cidadán pode acceder a través de redes de telecomunicacións.
As sedes electrónicas deben utilizar tanto para identificarse como para garantir as comunicacións seguras, sistemas de firma baseados en certificados de dispositivo seguro.
Deste requisito da lei deriváronse os Certificados de Sede.
A identificación e autenticación da actuación automatizada da Administración pódese realizar mediante o selo electrónico que tamén debe estar baseado en certificado electrónico.
Para a autenticación da actuación automatizada da Administración tamén se pode utilizar o Código Seguro de Verificación (CSV).O CSV é un código estampado nun documento impreso que permite verificar a autenticidade e integridade dese documento en papel comparar co documento electrónico orixinal na sede electrónica correspondente.O CSV permite a xeración en papel de “copias auténticas” de documentos electrónicos.
O empregado público, no desempeño das funcións propias do posto que ocupa, pode utilizar algún dos seguintes sistemas de identificación seguintes: